Malula

image

 

Malula é un acantilado formado nun océano de area onde as casas se confunden coas igrexas e as mesquitas, e o árabe se mestura co arameo. A só 50 km. de Damasco, e ata hai pouco illada de calquera conflito, os 5000 habitantes do lugar gozaban con tranquilidade da súa illa de area. O seu atractivo: as montañas desérticas, as casas penduradas das rochas, a devoción relixiosa e a lingua, porque Malula conserva a lingua que disque falaba Cristo: o arameo.

No convento de Santa Tegra, no alto da aldea, descansan os restos dunha das primeiras mártires do cristianismo. Segundo a lenda, Tecla se fixo seguidora de Pablo e foi perseguida polos romanos ata que chegou aos outeiros de Malula. No alto dunha rocha, abriu Deus un desfiladeiro para que escapase, o mesmo camiño que usan hoxe as relixiosas do convento e que nestes días serve de acubillo para todos aqueles alleos aos disparos que rodean pedras sobre pedras.

Afastada e ao mesmo próxima a todo, Malula soubo manterse á marxe da guerra que leva dous anos asolagando Siria. Con todo, grupos islamitas contrarios ao réxime de el-Asad atacaron a aldea esta semana, que pronto conseguiu volver á súa relaxante normalidade grazas á oposición do propio réxime sirio. A Fronte al-Nusra, considerada organización terrorista polos EE.UU., foi a facción que alterou a paz en Malula estes días; porén o secretario de estado estadounidense afirmou que os rebeldes son cada vez máis moderados e apoian un proceso democrático que protexa as minorías. Parece un novo xogo de palabras nesta maraña de liortas na que se trabucan amigos e inimigos por momentos.

A xente de Malula continúa entre os buratos do seu arquipélago de pedras. Xa non só esperan que Cristo regrese algún día e lles fale na súa propia lingua, senón que chegue a paz e a tranquilidade, e que o seu acantilado siga fiel ás albas e aos ocasos no mesmo lugar.

 

image

 

 

image

 

 

image

 

 

image

 

 

image

 

 

image

 

 

image

 

 

image