Barbeiros e barreiras

Os campos de refuxiados foron construídos de xeito temporal para albergar familias de paso; con todo, os campos palestinos seguen a crecer en tempo e espazo. A Axencia da Nacións Unidas para os Refuxiados, a UNRWA, ten rexistrados uns 5 millóns de refuxiados en Líbano, Siria, Xordania, Gaza e Cisxordania. Dende entón, illados de aldeas e cidades, os campos convertéronse en cidades e aldeas en si mesmas.

Xente que chegara en masa en 1948 e 1967 asentouse nesas terras, das que, unha vez máis, volveron ser expulsados. Medio millón de refuxiados palestinos vivían en Siria ata o estoupido do conflito, en 2011. Malia teren dereitos como cidadáns, nunca puideron optar a pasaportes sirios e só a tarxetas de residencia non recoñecidas máis alá das súas fronteiras. De aí que, dobremente desterrados e refuxiados, a situación empeorou aínda máis.

Mentres Yarmuk, en Siria, segue a ser un lamento, sempre máis fácil de expresar cá un feito, nos máis novos aséntanse ideas para poder subsistir e facer da realidade un acto. O campo de Zaatari, en Xordania, converteuse enseguida no segundo máis grande do mundo e no cuarto núcleo de poboación de Xordania. Unhas 160.000 persoas viven entre rúas improvisadas xa bautizadas, como os Campos Elisios, a arteria principal do lugar, colexios, campos de fútbol e hospitais.

Zaatari estableceuse en xullo de 2012 a 15 quilómetros da fronteira siria. A idea inicial era acoller 6000 persoas, mais cada día chegaban preto de 2000, e pronto creceu e decreceu por momentos, ante un proxecto tan vasto. O director de cine Faisal Attrache gravou a vida no campo nun documental onde narra, a través dos refuxiados, o que é o día a día. E para iso, os protagonistas son os barbeiros, pois, como el mesmo apunta: “non importa que mala é a situación, a xente sempre necesitará alguén que lle corte o pelo”. Como di un dos barbeiros: “Os cortes de pelo son unha parte fundamental da vida. É básico. Aínda que o deixes crecer, finalmente necesitas cortar o pelo. Cambias de aspecto. Despois de cortárllelo pelo, e ver como sae feliz e contento, sénteste ben como barbeiro, cambias a imaxe dunha persoa. Creas lazos e coñeces a moita xente.”

A extensión e a fama do campo fixo que pronto se convertese nun centro asediado por xornalistas ávidos de fotos veloces e comentarios rápidos; informadores conformes con cubrir pantallas e follas con imaxes que permitían lecturas solitarias dende calquera lugar do mundo. Faisal Attrache chegou a Zaatari no medio dese rodopío de cámaras; coa intención de mirar, ver, oír e escoitar, para coñecer e saber, e para que o mundo abrise os ollos á realidade do sitio. Para facer dun conflito impersoal, asolagado nun proceso deshumanizado, un conflito con nomes de persoas.

Benvidos sen cita previa: historias de barbeiros refuxiados sirios (Walk-Ins Welcome: Stories of Syrian Refugee Barbers) é unha crónica da xente de Zaatari, dos sirios, dos refuxiados, das guerras, dos esquecidos: as persoas.

http://refugeebarbers.com/Home.html

http://www.youtube.com/watch?v=oPsiH22M-VA#t=1053

Transnistria, un país inexistente

 

A caída da Unión Soviética significou a fin dunha época e a desaparición paulatina de paisaxes repletas de imaxinería comunista. Porén, aínda sobrevive un país, herdeiro de todo esa iconografía soviética, que conserva estatuas de Lenin, rúas con nomes propios comunistas, cenotafios ao soldado descoñecido, imaxes de estrelas vermellas con fouces e martelos cruzados, así como o Exército Vermello e o Soviet Supremo. É Transnistria: unha faixa de terra entre o río Dniester e a fronteira moldavo-ucraína, e do tamaño da provincia de Pontevedra.

 

Stalin adscribiu Transnistria a Moldavia en 1940 e tras o colapso da URSS, en 1990, os grupos separatistas pro-rusos, temendo a posible unión de Moldavia con Romanía, declararon a independencia unilateral da República Moldava de Pridnestrovia, Transnistria. Isto provocou un enfrontamento armado na zona e rematou nun armisticio, en 1992, amais dunha independencia de facto, non recoñecida internacionalmente, agás por Nagorno Karabaj, Abjazia e Osetia do Sur.

 

Dende a década dos 90 o conflito transnistrio permanece nun impase internacional que lles permite continuar a vivir nunha especie de illa independente, ancorada ao auxilio do continente ruso. De feito, os rumores apuntan a que os seus beneficios veñen da venta de armamento e que o país non é máis que un monicreque de Rusia. O que si son certos son os lazos de unión entre ambas partes e a representación consular na rexión, sen que iso sirva como recoñecemento á independencia da entidade separatista. Así o afirma o Ministro de Asuntos Exteriores ruso, Serghey Lavrov, quen ve no asunto un achegamento á poboación rusa que vive en Moldavia, maiormente en Transnistria.

 

Pridnestrovia, que significa a beiras do Dniester, ten máis de medio millón de habitantes; case a metade deles en Tiraspol, a capital. Os moldavos e os rusos son os grupos étnicos maioritarios, e a igrexa ortodoxa católica a fe máis profesada. Todo parece homoxéneo, como o verdor dos seus viñedos, o agrisado dos edificios sen adornar que poboan as cidades ou os billetes de rublos transnistrios. Porén, xunto a esa unidade conviven diversas peculiaridades, como toda a parafernalia marxista-leninista, nun país que se declara capitalista, ou os cadeados pendurados nos balaústres da ponte que cruza o río e que serven de mostra de amor entre parellas acabadas de casar.

 

Dacabalo entre o capitalismo da Rusia pro-comunista e a democracia europeizante de Moldavia, o país transita entre intereses políticos e de poder. A presunta indiferenza europea na cuestión tradúcese en termos de estabilidade; con todo, ese suposto equilibrio fai que a sociedade moldava se asente e non estea disposta a conceder nada que poida ir no seu detrimento, é dicir: que os afaste da anhelada integración na Unión Europea. E nese terreo móvense os moldavos, tratando de recuperar a totalidade da zona, anunciando a posible pertenza a un grupo máis próspero e democrático. Mentres, da beira rusa expídense pasaportes para xustificar así a intromisión no tema, sen negar o seu interese pola integración de Transnistria en Moldavia e conseguir deste xeito ampliar a área de influencia.

 

O feito de non haber marcas internacionais non se debe a un acto de resistencia contra o capitalismo occidental, senón ás restricións da ONU, que limitan o investimento na república. Así a todo, a Unión Europea é o maior socio comercial transnistrio, malia carecer dunha folla de ruta e das estratexias que si posúe Rusia, quen aporta o 80% dos orzamentos do estado, amais de gas e unha dependencia directa que permite ver a muralla fronteiriza natural que é este bastión soviético.

 

Os transnistrios defenden o seu multiculturalismo co feito de manteren tres linguas oficiais: o ruso, o ucraíno e o moldavo. Con todo, o uso do moldavo e do alfabeto latino están asociados aos movementos en defensa da unidade, e a pugna por diferenciarse dos veciños evidénciase nos nomes soviéticos das rúas, inzadas de estatuas de líderes pasados, así como na economía que, malia a súa subordinación, posúe un banco central propio, que expide unha moeda única: o rublo transnistrio, só intercambiable dentro do territorio separatista.

 

A economía baséase na agricultura, a electricidade e a industria téxtil; case todo en mans privadas. Apenas tres empresarios teñen o monopolio do país; un deles é Yevgeny Shevchuk, o actual presidente, que predica un afastamento de Rusia, e que controla unha das empresas máis grandes: Sheriff. Esta posúe estacións de gasolina, supermercados, unha compañía de telefonía móbil, unha construtora, unha editora, un canal de televisión e incluso un equipo de fútbol, o FC Sheriff Tiraspol, un símbolo máis do lugar.

 

Kvint, acrónimo ruso de “coñacs, viños e bebidas de Tiraspol”, é unha das empresas máis sobranceiras e icona da Transnistria independente. A fábrica destila uns dez millóns de litros de alcohol e aparece no billete de 5 rublos transnistrios. Creada en 1897 é un dos atractivos turísticos do país, onde as especulacións sobre o perigo ou a carencia de atractivos conforman o imaxinario exterior.

 

Todo turista que pense quedar máis de 24 horas en Transnistria ten que rexistrarse, ao entrar, na policía local. O único destino posible é Tiraspol, a onde se pode acceder por tren, dende Ucraína, ou en autobús, dende Moldavia. Unha vez na capital, o servizo de autobuses e marshutas (taxis compartidos) permiten achegarse ás diferentes partes da faixa, para a que se necesita tempo, debido ás malas comunicacións. Pero Tiraspol ofrece o mellor para o visitante e unha ampla idea do que é o rural transnistrio.

 

Tiraspol é unha cidade tranquila e a presenza militar apenas se observa nas estatuas e nas dúas celebracións oficiais anuais: o 2 de setembro, día da independencia, e o 9 de maio, día da vitoria. O resto do ano, a vida transcorre con calma aínda que un certo halo castrense está sempre presente, sobre todo na avenida principal, a 25 de outubro. Aí amoréanse datos históricos coas súas representacións: o edificio do Soviet Supremo, o parlamento, presidido por unha estatua de Lenin; o monumento á nai chorando, co nome das vítimas e dos soldados caídos no conflito con Moldavia entre 1990 e 1992; a efixie ao soldado de Afganistán, en memoria aos máis de 15000 soldados da URSS que participaron na guerra de 1979-1989; a pequena igrexa de San Xurxo, gardián dos soldados e que mata ao dragón mentres os outros matan os inimigos; o tanque número 34, mirando cara a Alemaña nazi e traído da Gran Guerra Patriótica (a Segunda Guerra Mundial); a estatua ecuestre de Alexander Suvorov, considerado un dos poucos xenerais que nunca perdeu unha batalla e fundador da cidade; o busto de Nikolay Zelinsky, inventor da máscara de gas; amais dun xardín e un paseo a beiras do río, con areais que se enchen durante o verán, e restaurantes e discos que dan fe da vida nocturna.

 

A Universidade estatal funciona como museo vivo de Transnistria alén de institución educativa. Fundada en 1930, conta máis de 10000 estudantes que se especializan en preto de 80 graos diferentes, seguindo os currículos rusos. Das súas paredes penduran a bandeira e o escudo, símbolos da industria e da agricultura local; o himno nacional, nos tres idiomas oficiais; así como fotos e cadros. Ao seu carón está o teatro e un busto de Iuri Gagarin, primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior e heroe da Unión Soviética.

 

Pridnestrovia, como prefiren chamarlle os seus habitantes, e non coa nomenclatura occidental, o país a beiras do río Dniester, é un graffiti cicelado con extractos de crónicas e efemérides. No límite entre o pasado bélico europeo máis próximo e o capitalismo máis ostentoso, esta nación sen estado oficial permite ser recoñecida nun capítulo enciclopédico propio dos dous últimos séculos e un paraíso para a comprensión da historia.

(Tempos Novos, decembro de 2013, páx. 57-59)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Festival Ars Amandi 2013, Panamá

Comezaba o mes de Nadal e as tendas e as grandes superficies engalanábanse xa para compartir gastos e comerciar as bárbaras reparticións do consumo. Panamá vestíase de luces e cartaces que invitaban a manifestarse a favor do gasto polo gusto, mais tamén crecían eventos artísticos que proclamaban espazos para a arte do gusto polo gasto de tempo innecesario en poesía e música e cine. Entre os recunchos zarrapicados de versos improvisábanse tendas de campaña para a ocasión e preparábanse voces e mans para decorar o aire con palabras e armar de futuro os verbos.

Era o mes de Nadal e Ars Amandi, o Festival de Poesía de Panamá, celebraba unha festa de poesía con Lucy Cristina Chau, Consuelo Tomás Fitzgerald, Martín Testa e Mar Alzamora-Rivera, dende Panamá, Esteban Binss, dende a comarca Ngäbe-Buglé, Manigueidinapi Stanley, dende a comarca Kuna Yala, Urá del Drago, dende a provincia de Bocas del Toro e Moncho Iglesias Míguez, dende Galicia. Coa escusa de consumir palabras, xuntábanse linguas e xestos, que foron quen de danzar, cando menos por unha noite, entre o aire húmido e quente da Panamá máis lírica.

As hamacas do pobo kuna servían de transporte cara os berros dos seus mares, atropelados polas beirarrúas das cidades agonizantes que se enraízan nos versos de Lucy Cristina Chau, onde as cousas non deixan de ser un obxecto que “morre na metade dunha tenda./ Sálvoo e sálvome;/ O Cordeiro non é sangue de escaparate.” Un obxecto que se borra en silencio, como ao “mirar de fronte os ollos da vaca;/ ocupa demasiado xabón/ e as mans tamén se gastan.” Un obxecto que asubía entre os pasadizos das urbes aínda por crear e que constrúen historias que se din e outras que se calan, como grita Consuelo Tomás Fitzgerald en “O conto que escribo”.

“O conto que escribo”

 

No conto que escribo

os nenos xogan con pelotas envelenadas

os mozos non se fan presentes

á hora do amor

as viúvas só teñen ollos para o santo

os señores contan as súas penas

a unha boneca inchábel

 

Escribo este conto chorando

Porque as nenas piden a palabra

e ninguén escoita o pranto dos seus ventres

os seus escangallos

futuros superheroes

para a televisión que todo o pode

 

Ninguén toca a guitarra nunha noite con lúa

e a tenrura está na poxa

as señoras disimulan a vellez cos trucos á venda

e os señores só beben o veleno dispoñible e en rebaixa

mentres a fidelidade dos cans se desangra

 

é mellor que engurre estes papeis

ou que os queime con lume do meu peito

non vaia ser que a realidade

imite a ficción

e me condenen

sen dereito a pelar unha laranxa.

 

Lectureka: Avoíña

Sugus con abuelita

Sugus con abuelita.

Abuelita – Avoíña
 el nuevo poemario de Moncho Iglesias.
¡Echadle un vistazo al recital y la entrevista exclusiva para Lectureka!
Hace un par de meses se publicó el libro de poemas “Avoíña”, de Moncho Iglesias Míguez, a quien quizás ya conozcáis por nuestro primer encuentro con él en la pasada feria del libro, cuando nos concedió una entrevista sobre su libro “pedras de Plastilina”. El día 27 de diciembre asistimos a la presentación del mismo en la librería Cartabón, donde Moncho recitó algunos de los poemas de su libro, y firmó ejemplares.
Abuelita – Avoíña.
Moncho Iglesias Míguez.
Parnass Ediciones.

“Abuelita – Avoíña” es una obra bilingüe -escrita tanto en gallego como en castellano- que recopila una serie de poemas escritos en los últimos momentos de vida de la ya difunta abuela del autor, que, como ocurre en todas las familias, era muy querida por sus allegados.
Se trata de una obra en la que cualquier lector podrá ver retratada a su abuela, sobre todo los más mayores. Además, al ser una edición bilingüe ¡no hay motivos para perdérsela! De todos modos recomendamos que si es posible la leáis en gallego, como hicimos nosotros, no solo por ser la lengua original de los poemas, sino también la más hermosa.
Recital:
El pasado 27 de diciembre el autor ofreció un recital  en nuestra querida librería Cartabón, donde nos deleitamos con una muestra de sus versos, y escuchamos las historias de su infancia. Al final de la presentación, bolsas de sugus como las que repartía su abuela volaron por la librería, y los asistentes también pudieron degustar vino, aguardiente, pan, higos, y queso con membrillo. ¡Una presentación fuera de lo común!
Podéis ver un pequeño fragmento del recital que grabamos por completo aquel día, acompañado de la música de Nicolas le Creurer, un estupendo arpista que suele actuar en la mayoría de las presentaciones de la librería.
Fue un día memorable, y pasamos una tarde muy divertida, aunque no tuvimos tiempo de grabar la entrevista que teníamos preparada. Por suerte, Moncho, que es excepcionalmente generoso, nos respondió vía e-mail, claro que muchas de nuestras preguntas ya habían sido respondidas durante la presentación, pero igualmente aquí están por escrito para vuestro disfrute:

Como siempre, recomendamos su lectura a pantalla completa.

Nuestro ejemplar firmado:

Tras el recital,  tuvo tiempo de escribir dedicatorias a todos sus fans que esperaron su turno en una larga cola para que Moncho firmase su ejemplar. Obviamente nosotros nos encontrábamos entre ellos.
Si notáis algo raro en la imagen, es que tuvimos que ocultar el texto en con una hoja de papel al escanearlo para no copiar el poema de la página en cuestión.
¡Muchísimas gracias por todo Moncho!
Publicado por