O panda xigante

IMG_5571 IMG_5572 IMG_5573 IMG_5575

Conta a lenda, que hai máis de 4000 anos, o emperador Huang domesticou algúns animais salvaxes como o tigre, o leopardo e o panda xigante para a guerra, e que con eses animais venceu o emperador Yan. Conta outra lenda, que hai preto de 2000 anos, cando dous exércitos estaban no medio dunha batalla e un deles erguía unha bandeira coa imaxe dun panda xigante, a loita remataba de inmediato e os dous exércitos reconciliábanse.

O panda xigante crece entre montes cálidos e húmidos onde abunda o bambú. O seu hábitat natural son as montañas Qinling, a máis de 2000 metros de altitude, onde hai sete reservas naturais nas que viven uns 2000 pandas xigantes. Alí, solitario, vive agochado do mundo, independente e relaxado. Con un ano marcha de onda a nai e vive en covas ou en troncos de árbores abertos, de onde sae para moverse o mínimo e aforrar así enerxía. Con todo, a maior parte do día pásaa buscando comida e cando dorme adoita facelo nas pólas das árbores, onde lle gusta xogar e de onde pode avistar calquera perigo.

O panda non inverna durante o inverno; mais ben o contrario, pois migra do cumio á faldra da montaña, camuflándose entre a neve grazas á súa cor natural: branca e negra. Nese devagar, procura comida; especialmente bambú, pois malia ser carnívoro é o seu alimento básico. Nel topa as proteínas e o azucre que pode absorber.

Aínda que o dragón é a icona da China, o panda é un símbolo nacional, unha mascota que se pode ver moverse con naturalidade en Chengdu, na provincia de Sichuan, no Centro de Investigación para a Reprodución do Panda.

IMG_5534 IMG_5537 IMG_5554 IMG_5561 IMG_5567