Un mapa do lar

Un mapa do lar

Un mapa do lar

Randa Jarrar

Un mapa do lar dá conta, mediante a narración en primeira persoa, das andanzas de Nidali, unha rapaza nada por azar en Boston, froito do complexo casoiro entre un palestino e unha greco-exipcia. A vida da cativa está marcada pola ocupación de Kuwait, escenario ao que se engade o campo de batalla doméstico. Nesta realidade plural, o lar sempre ausente é Palestina, a patria que Nidali albisca a partir dos mapas, das historias e das anécdotas dos avós, e que configura unha identidade arrebatada e marcada pola migración. A voz narrativa medra consonte a protagonista queima as etapas: a inxenuidade dos seus primeiros pasos no Golfo Pérsico, as implicacións de deixar atrás unha vida, co traslado a través de Iraq e Xordania a Exipto, onde cómpre comezar de novo, e a adolescente rebelde, xa en Texas, que pelexa pola súa independencia e a construción dunha identidade de seu fronte ás imposicións dun pai violento que pretende dirixir o seu destino.

Alén das particularidades xeográficas e culturais —perceptibles no texto a través da inclusión de termos árabes—, a historia aborda, con humor e ironía, temas universais: as consecuencias da guerra, o espertar da sexualidade, as relacións familiares ou a entrada na madureza.

ADDITIONAL DETAILS

Autor: Randa Jarrar
Páxinas: 288
Traducido: do inglés por Moncho Iglesias

Price: 16,00€