DAM (hip hop palestino), “Who you R” (con subtítulos en galego)

https://www.youtube.com/watch?v=lW39t89Soiw

https://www.youtube.com/watch?v=lW39t89Soiw

 

Son a solteira, a estéril e a divorciada

Son a “mellor vivir cun home ca estar soa”

Son quen frega e quen pasa o ferro, son todo, son nada

Mais dime: ti quen es?

Son a lercha das mulleres, a que non pode parir nenos, son forte, son cen homes

Son a honra, son a vergonza, son todo, son nada

Mais dime: ti quen es?

Teño a triloxía de Ahlam Mustaganmi

Podo citar a Nawal al-Saadawi

Podo enfrontarme ao xefe do clan

Así e todo son un feminista a vivir da comida da nai

Non son violento, nunca lle puxen un ollo azul

Mais, como noivo, prefíroa cos ollos azuis

Non estou no seu lugar para decidir, mais tentareino

Se estivese no teu lugar, provocaría e incitaría

Ou temos os mesmos dereitos os dous sexos

Ou comezamos cos crimes de honra masculinos

Abusamos dela en Exipto, esmagámola en Lod, traficamos con ela en América, violámola en India

E logo esperamos que críen nenos

Falamos de Superwoman ou falamos dun ser humano?

Ten razón, estou equivocado

Se se trata dos seus dereitos, o seu dereito é resistir

Son a solteira, a estéril e a divorciada

Son a “mellor vivir cun home ca estar soa”

Son quen frega e quen pasa o ferro, son todo, son nada

Mais dime: ti quen es?

Son a lercha das mulleres, a que non pode parir nenos, son forte, son cen homes

Son a honra, son a vergonza, son todo, son nada

Mais dime, ti quen es?

A primeira vez que lle zosquei á miña irmá

Os meus pais aplaudíronme e dixeron: “Un home é un home!”

Déronme folgos e ela, indefensa, quedou inmóbil fronte a Karate Kid

Da miña irmá a todas as mulleres do mundo

Quéroas a todas, mais non teño nada

Descargarei a miña ira sobre ti e despois mercareiche maquillaxe para véreste ben

Queres os teus dereitos? Vai cos teus pais

Entón marchou, pensando que habían protexela

O sangue nunca se converterá en auga

Mais os que a pariron, como os que me pariron

Aplaudíronme e trouxéronma de volta

Púxena nun ring de loita libre e comecei a bailar con ela

Son o seu compañeiro de vida, mais sobre todo son un criminal

Son a solteira, a estéril e a divorciada

Son a “mellor vivir cun home ca estar soa”

Son quen frega e quen pasa o ferro, son todo, son nada

Mais dime: ti quen es?

Son a lercha das mulleres, a que non pode parir nenos, son forte, son cen homes

Son a honra, son a vergonza, son todo, son nada

Mais dime: ti quen es?

Eu escribín os poemas

Eu construín os canóns

Eu poderíate odiar e non deixar que ninguén máis te queira

Estou a impedir que vaias ir á praia

Quero afrontar as tormentas só

Non topo terra segura

Fracasei. Necesítote

Son a solteira, a estéril e a divorciada

Son a “mellor vivir cun home ca estar soa”

Son quen frega e quen pasa o ferro, son todo, son nada

Mais dime: ti quen es?

Son a lercha das mulleres, a que non pode parir nenos, son forte, son cen homes

Son a honra, son a vergonza, son todo, son nada

Mais dime: ti quen es?

Miral Ayyad canta a Palestina

Miral Ayyad, foto posta de sol

No mundo árabe, son varios os concursos de televisión que son quen de unir toda unha casa fronte á televisión. En Palestina estes programas tamén son un éxito, sobre todo despois de que Mohammad Assaf, de Gaza, gañase a edición de Arab Idol en 2013. Mais o éxito do cantante non é algo illado e descoñecido en Palestina, onde a música, da man da poesía, é habitual para expresar amor e guerra, paz e desamor.

Entre as últimas voces poéticas saídas de Palestina está a de Miral Ayyad, que gañou o concurso ao mellor talento convocado pola axencia palestina Ma’an. Miral ten doce anos e vive en Abu Dis, en Xerusalén Oriental, e coa súa versión dos feitos diarios no seu país, trata de dar vida ás crianzas palestinas dunha beira e máis da outra.

Amais de cantar, gravou un vídeo coa canción «Teño unhas cousiñas que dicir», na que saen imaxes que reflicten o que conta coas súas palabras: Cisxordania e Gaza son partes de Palestina e o mundo semella ignorar a súa existencia, e o feito de que entre a súa xente tamén soe a música, non só o son de bombas e lamentos.

Conta que, mentres gravaban en Belén algún turista achegóuselle e admirou o seu talento. Algo que a anima a seguir cantando e que permite a Palestina seguir amosándose ao mundo e que este vexa que outras cousas hai alí.