“O último rei de Noruega”, de Amos Oz

Relación de persoas premiadas por categoría:

  • Poesía
    • 1.º Premio: Arancha Rodríguez Fernández, polo poemario (A)fogar
    • 1.º Accésit: Luísa Iglesias Taboada, polo poemario O río
    • 2.º Accésit: Genaro Dasilva Méndez, polo poemario Inferno verde
  • Relato curto
    • 1.º Premio: Xosé Sobral Amoedo, polo relato Cadea trófica
    • 1.º Accésit: María López Correa, polo relato A Morte non doe aos mortos
    • 2.º Accésit: Daniel Rodríguez Palacios, polo relato Branco
  • Tradución literaria
    • 1.º premio: Luísa Iglesias Taboada, pola tradución dun texto de Mathura
    • 1.º Accésit: Moncho Iglesias Míguez, pola tradución dun texto de Amos Oz
    • 2.º Accésit: Sergio Gómez Blanco, pola tradución dun texto de Colette

Se foses un amor para toda a vida, serías a lingua galega

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=11442&Itemid=59

O campus de Ourense acolleu a entrega dos premios de poesía, relato curto e tradución 2016

Se foses un amor para toda a vida, serías a lingua galega

Durante o acto tamén se rendeu homenaxe a Manuel María e ao Día das Letras Galegas

Rosa Tedín | Ourense
Lucía Aldao e María Lado, as compoñentes de Aldaolado, foron as encargadas de pór a música, a poesía e o humor ao acto de entrega de Premios de relato, poesía e tradución literaria da Universidade de Vigo 2016 que este xoves tivo lugar no campus de Ourense e que nesta ocasión estiveron acompañados dunha homenaxe a Manuel María e ao Día das Letras Galegas. Durante a súa actuación elas falaron de toda clase de amores xogando cun “se foses o meu amor…” inconfesable, da EXB ou para toda a vida, entre outros moitos. Para escoitalas estaba un público que se achegou ata alí precisamente porque comparte un deses amores “para toda a vida”, o que teñen pola lingua e a literatura galegas. Arancha Nogueira, en poesía, Xosé Sobral, en relato, e Luisa Iglesias, en tradución, foron os membros da comunidade universitaria galardoados cos primeiros premios da edición deste ano dos galardóns.

O acto, que se desenvolveu no Edificio de Ferro, contou coa entrega dos galardóns dos Premios de relato, poesía e tradución literaria da Universidade de Vigo 2016, cunha lectura de fragmentos dos textos galardoados a cargo dos seus autores e autoras, cun relatorio do axente cultural e editor Xavier Paz arredor de Manuel María e coa actuación musical do grupo de gaitas do Obradoiro de Música Tradicional do campus de Ourense, que abriron e pecharon a gala. Entre os asistentes estaban membros da comunidade universitaria e autoridades como Jesús Vázquez, alcalde da cidade de Ourense, e Roberto Castro, subdelegado do Goberno en Ourense.

Os froitos da creación literaria

Tal e como indicou Paulo Cabral, director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, na lectura da acta de resolución dos premios, na categoría de poesía, o primeiro premio foi para Arancha Rodríguez, polo poemario (A)fogar; o primeiro accésit para Luisa Iglesias, por O río, e o segundo accésit para Genaro Dasilva, polo poemario Inferno verde. En relato curto, o primeiro premio foi para Xosé Sobral, por Cadea trófica, e o primeiro accésit para María López, por A morte non doe aos mortos, e o segundo accésit para Daniel Rodríguez, polo relato Branco. Por último, en tradución literaria, o primeiro premio foi para Luisa Iglesias, pola tradución dun texto de Mathura; o primeiro accésit para Moncho Iglesias, por un texto de Amos Oz, e o segundo accésit para Sergio Gómez, por unha tradución dun texto de Colette.

Os galardoados e galardoadas presentes no acto agradeceron os premios recibidos e algúns deles leron fragmentos das súas obras aos asistentes. Entre eles, Arancha Nogueira, xornalista de formación e alumna do Máster de Literatura Comparada, explicou como (A) fogar é unha peza coa que a autora pretende facer unha deconstrución íntima do convencionalismo da palabra fogar, o seu particular xeito de expresar o terrible de atoparse nun lugar que se asume debe ser cómodo, protector, familiar, e resulta ser todo o contrario. Tamén sobre o fogar e a casa habitada falou Luisa Iglesias, galardoada en dúas categorías, como son poesía e tradución. Pola súa extensión, os gañadores de relato preferiron non facer lectura dos seus textos. Xosé Sobral, enxeñeiro forestal de formación e alumno de doutoramento en xestión dos ecosistemas terrestres, gañou o primeiro premio cun texto de humor negro no que fala dunha illa deshabitada á que chega unha flota e do que acontece a medida que os acabados de arribar se instalan. Pola súa banda, Daniel Rodríguez quixo destacar na súa intervención tras recoller o galardón a oportunidade que ofrece a creación literaria para “ser o que queiras ser”.

Tanto Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, como María Ángeles Antón Vilasánchez, subdirectora xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, salientaron durante o acto que xa son 19 anos os que se veñen celebrando estes galardóns grazas á colaboración establecida entre as dúas institucións. “Estes premios xa teñen unha traxectoria consolidada”, afirmou o vicerreitor, que explicou como hoxe en día xa hai destacados escritores que cando comezaron a escribir gañaron estes galardóns da Universidade de Vigo, como Ledicia Costas ou Xabier Sil. “Os froitos que xeran son enormes”, dixo, amosando o seu desexo de que para os galardoados e galardoadas nesta edición estes premios supoñan “un chanzo para continuar unha carreira literaria frutífera”. “Xa van 19 edicións traballando a prol da nosa lingua e do estímulo da creación literaria. Agardemos que dure moito máis”, recalcou a subdirectora xeral de Política Lingüística.

Terra de poetas, entre eles Manuel María

Xavier Paz foi o encargado de falar da figura de Manuel María e da celebración do Día das Letras Galegas durante o acto celebrado no campus de Ourense. Fíxoo salientando como cada pobo se distingue polo seu propio temperamento e no caso dos galegos ese temperamento sería o lírico. “Eu penso e digo que Galicia terra lírica, pobo de poetas”, subliñou o editor e axente cultural. Froito desa cultura, apuntou, nacen poetas como Manuel María. O seu achegamento á figura do homenaxeado nesta edición das Letras Galegas quixo facelo a través das imaxes de portada de 50 das súas obras. A través delas, apuntou, pode verse non só a evolución estética senón tamén os avances na normalización lingüística do galego; a xeografía do territorio, xa que o escritor dedicou libros a lugares como A Terra Cha, o Val de Quiroga ou Compostela, e a xeografía editorial, publicando Manuel María en moi diferentes editoriais, moitas delas “de base”. Sobre a conmemoración do Días das Letras Galegas, Xavier Paz recalcou a importancia do consenso social que concita. “Non hai moitos exemplos coma este”, subliñou.

1.º Accésit: Moncho Iglesias Míguez, pola tradución dun texto de Amos Oz

http://anl.uvigo.es/anl_gl/dinamizacion/premios/

Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo 2016

  • Resolución reitoral do 23 de febreiro pola que se convocan os Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo 2016
Premios 20162
  • Relación de persoas premiadas por categoría:
    • Poesía
      • 1.º Premio: Arancha Rodríguez Fernández, polo poemario (A)fogar
      • 1.º Accésit: Luísa Iglesias Taboada, polo poemario O río
      • 2.º Accésit: Genaro Dasilva Méndez, polo poemario Inferno verde
    • Relato curto
      • 1.º Premio: Xosé Sobral Amoedo, polo relato Cadea trófica
      • 1.º Accésit: María López Correa, polo relato A Morte non doe aos mortos
      • 2.º Accésit: Daniel Rodríguez Palacios, polo relato Branco
    • Tradución literaria
      • 1.º premio: Luísa Iglesias Taboada, pola tradución dun texto de Mathura
      • 1.º Accésit: Moncho Iglesias Míguez, pola tradución dun texto de Amos Oz
      • 2.º Accésit: Sergio Gómez Blanco, pola tradución dun texto de Colette
  • Entrega de Premios no DUVI

 

IV Certame Literario das Letras Galegas en Frankfurt

 

Los ganadores del IV Certamen Literario con motivo de Las Letras Gallegas han sido:
Primer premio: Moncho Iglesias Mìguez con la obra “Atime “de Vigo
Segundo premio: Josè Martìnez Romero Gandos con la obra “Unha cultura mantida no exterior” de A Corunha
Tercer premio: Paulo Gonzàlez con la obra ” Octavio do castro” desde Bertamiràns, Ames

 

Primer Premio:

„Sufi ciente“ de Moncho Iglesias Míguez

 

 

Estaba só, case espido.

Pasara o control de pasaportes sen problemas e xa só quedaba meter a equipaxe, o máis fácil, pensara. Acomodara todo no seu sitio e escondera unhas onzas de chocolate nos petos interiores da maleta, por se lle dicían algo sobre a importación de produtos estranxeiros. Con todo, ordenáronlle abrir as cremalleiras nunha sala solitaria chea de espellos. Ao tempo, unha rapaza, que só puido escoitar ás costas, preguntáballe por que levaba barba.

«Eehh, pois… por vagancia, por non me erguer todos os días cedo a barbearme.» «Mente,» murmurou un. «É nacionalista?» preguntou outro. «Eeehh, pois… Naci…» «Dende cando leva barba?» «Medio ano, creo. Algo así, máis ou menos.» «Cre ou está seguro?» «Si, estou seguro.» «E logo non está seguro de por que deixou a barba?» «Si, certa apatía.» «Entón, por que ten unha navalla de barbear no neceser?» «Aínda non a tirei de aí.» «Ou sexa, que pode ser que se barbee de novo.» «Talvez.» «É tan indeciso para todo?» «Non.» «Entón sabe a que vén ao país?» «A ver á familia.» «Que máis?» «A traballar.» «Non ten permiso de traballo.» «Logo pensa traficar con todo iso que trae consigo.» «Non. Só levo cousas persoais.» «Aquí tamén temos cintos e pantalóns e chocolates de elite.» «Só levo algún agasallo para a familia e cousas miñas básicas.» «Se son básicas non son tan imprescindibles,» —apurou un dos soldados ordenándolle que se espise e deixase todo enriba dun caixón.

Daquela; só, case espido, voltearon todo o que contiña a maleta nunha especie de contedor de reciclaxe.

«Por que escondía os chocolates?» «Só intentaba que estivesen frescos e non se derretesen.» «E para que leva tantos libros? É relixioso?» «Son novelas, contos…» «Gústalle ler?» «Si, bastante.» «Que autores le?»

Numerou algúns dos seus escritores favoritos até que un dos soldados fixo un ademán, amosando que era dabondo:

«Suficiente! Sabe que moitas desas obras están prohibidas; así e todo atrévese a pasar a fronteira para traficar. É miserento!» «Non queda doutra, terá que entregarnos esas lecturas.» «Non teño todos os libros que lle dixen. Algún só os lin.»

Só lle quedaba a toalla que lle deran para envolverse. Sabía que o resto era ilegal e non tería máis remedio que entregárllelo. As historias que gardara na cabeza para contárllelas aos nenos non era o que máis lle preocupaba; eran os chocolates, que non había topar xamais.